O Concello da Guarda selecciona unha praza de persoal: praza de Profesor do Conservatorio Elemental de Música, especialidades de linguaxe musical e educación auditiva e vogal, para a contratación en réxime laboral temporal a tempo parcial durante dez meses (entre o 1 de setembro de 2019 e o 30 de xuño de 2020).

Número de horas: 16 horas semanais.

Retribucións: 1.221,71 euros mensuais (excluídas pagas extraordinarias).

Xornada laboral e horarios: de luns a venres en horario comprendido entre as 15:00 e as 22:00 horas.

Titulación esixida : titulado Superior de Pedagoxía Musical (LOXSE), titulado de profesor Superior, ou de Profesor, de Solfeo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento (Plan 1966), titulado Superior de calquera especialidade (LOXSE), título de profesor Superior, ou de Profesor, de calquera especialidade (Plan 1966) ou título Profesional de calquera especialidade (1942).

As bases completas da convocatoria están a disposición dos interesados no rexistro do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e na sede electrónica do concello, dende a publicación do presente anuncio ata o 5 de agosto de 2019, data na que remata o prazo para a presentación de instancias.