O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), en colaboración co Concello de Gondomar, convoca o XII Premio de poesía Victoriano Taibo, dotado con 3000 € e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo. Rexerase polas seguintes
Bases:
- Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, non poderán ser adaptacións nin ter sido premiados noutro certame no momento da decisión do xurado. Estarán escritos en lingua galega, de acordo coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galegoda Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega (NOMIG, 2003).
- Cada traballo consistirá nun ou varios textos poéticos, cunha extensión non inferior a 300 versos con unidade temática, non podendo superar as 250 páxinas.
- Os traballos presentaranse por quintuplicado, mecanografados a dobre espazo, con letra Times New Roman e corpo 12 nun sobre pechado identificado co lema, alcume, pseudónimo ou o título elixido polo autor/a.
Así mesmo, dentro deste sobre, xunto cos traballos incluirase outro sobre pechado identificado co devandito lema, título…, que conterá os datos persoais (nome, apelidos, copia de DNI, teléfono de contacto e enderezo electrónico. O xurado só o abrirá no caso de ser premiado
Os traballos enviaranse por correo ao seguinte enderezo:
Apartado 30
36380 Gondomar (Pontevedra)
- O prazo de admisión de orixinais comezará cando se faga pública esta convocatoria e rematará o día 31 de xullo de 2019.
- Os traballos presentados conservaranse durante un mes a partir da data de publicación da resolución do xurado, período durante o cal poderán recollerse no local do IEM en Gondomar. Transcorrido ese prazo destruiranse os que non fosen solicitados polos seus autores ou autoras.
- O xurado estará constituído por persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario.
- A obra premiada publicarase polo IEM na Colección Victoriano Taibo e non xerará dereitos de autor durante os primeiros 1500 exemplares editados.
- O premio outorgado será único e indivisible. O xurado poderá declaralo deserto se estima que a calidade das obras presentadas así o aconsella.
- Calquera incidencia non prevista nesta convocatoria será resolta polo xurado.
10.O feito de participar supón a aceptación destas bases.
O Premio de poesía Victoriano Taibo recoñeceu até o de agora a obras das seguintes escritoras e escritores:
- 2008: Carlos Negro con Cultivos Transxénicos,
- 2009: Mª Carmen Caramés con Cuarto Minguante eElvira Riveiro e Silvia Penas con Biografía da Multitude
- 2010: Mª Goretti Fariña con Devastacións dispoñibles
- 2011: Calros Solla con Holocausto Zacoe
- 2012: Conchita Álvarez Lebredo con Distancias e Simetrías
- 2013: Ramón Sandoval con Territorios Estraños
- 2014: Lara Rozados con O Caderno amarelo
- 2015: Iñaki Varela con Do outro lado das portas
- 2016: Xosé Iglesias con A relixión do mar
- 2017: Rafa Vilar con Erosións
- 2018: Laura R. Cuba conA situación actual.
O IEM e o Concello de Gondomar queren, a través deste premio, enxalzar a figura de Victoriano Taibo, escritor e mestre na parroquia de Morgadáns, e contribuír ao crecemento da literatura na nosa lingua, convertendo Gondomar e este premio nunha cita imprescindíbel para as letras galegas.