Cantares de Brueiro
Cantares do Brueiro

O obradoiro de música tradicional galega, Cantares de Brueiro, co guardés Tino Baz a fronte, ofrecerá este domingo, ás 19:00 horas no auditorio do Rosal, un concerto para presentar os seus novos temas, os cales viran ao redor da poetisa galega Rosalía de Castro.

Cantares de Brueiro é un grupo da Guarda que está composto por 35 integrantes. Interpretan pezas populares interpretadas por persoas amantes da cultura musical tradicional. A entrada para o concerto é gratuíta.