O BNG convoca a toda veciñanza a unha asamblea aberta para abordar a problemática do transporte público colectivo en Gondomar e a busca de solucións á mesma.
A asamblea será este martes 3 de abril, ás 19:45 horas no Centro Neural de Gondomar (ao lado do campo de fútbol das Cercas), e nela trataranse o seguintes temas:
- Supresión da liña de Melytour por Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso.
- Problemas das frecuencias e paradas da liña ATSA entre Gondomar e Vigo.
- Transporte metropolitano. Carencia de tarxeta metropolitana.
- Ausencia de servizo regular ao CUVI.
- Ausencia de servizo regular entre as parroquias e entre os concellos do Val Miñor.
