Gondomar Concello Aberto, está a realizar unha campaña para que a construcción do novo centro de saúde na vila Condal recolla as necesidades e servizos que demanda o municipio e con capacidade para atender a toda a súa poboación, con mocións no concello, recollida de sinaturas, solicitude de entrevista co Conselleiro de sanidade, etc.
O proxecto actual substitue ao proxectado no 2009, tras ser consensuado cos profesionais da saúde e as forzas sociais, reduce tanto a cantidade de persoal destinado ao centro como a superficie do mesmo conseguindo que sexa insuficiente desde que nace.
Convocamos a toda a cidadanía a unha concentración, este sábado día 2 de Xuño, ás 12 da mañá, diante do Centro de Saúde actual para conseguir o Centro de Saúde que Gondomar necesita.