Comité de Empresa (CIG, UGT, CGT, USO e CCOO)

O Comité de Empresa (CIG, UGT, CGT, USO e CCOO) de BorgWarner Emissions System Spain S.L, con centros de traballo en Zamáns en Vigo, Porto do Molle en Nigrán, e no Polígono de A Granxa en O Porriño, informa da situación de conflito actual polos seguintes motivos:

  • Borgwarner ven incumprindo o acordo na negociación colectiva de outubro 2023 que obrigaba a actualizar o encadramento das categorías profesionais e postos de traballo recollidos no seu convenio colectivo, logo dun período de negociación interno nas distintas comisións de traballo onde a dirección amosou un bloqueo total e mala fe negocial; chegando a vulnerar a liberdade sindical no eido da negociación colectiva, xa que a empresa crea e negocia cos traballadores de forma individual en materia de clasificación profesional.
  • Obstaculización da negociación do III Plan de Igualdade, xa que nun período dun ano as partes só tiveron 8 xuntanzas, onde a dirección dilatou e incumpriu o regulamento asinado polas partes, coa falta de entrega da documentación legalmente establecida. Falta de resposta reiterada ás peticións, preguntas e obrigas legais que ten a dirección co Comité de Empresa.

Indican desde o comité que «nestes anos esta multinacional esta percibindo unha gran cantidade de fondos públicos a través do goberno do estado Español e a Xunta de Galicia e resto de administracións, a través de fondos procedentes do Perte para proxectos relacionados co vehículo eléctrico, estraña a postura radical e incumpridora que toma a dirección actual da empresa cara as persoas traballadoras, polo que o Comité de Empresa decidiu iniciar medidas de accións sindicais en aras de reverter a situación».

FONTE: Comité de Empresa (CIG, UGT, CGT, USO e CCOO) de BorgWarner Emissions System Spain S.L