ALFREDO

APLAZADA

 

Os grupos municipais do BNG e PSOE convocan á veciñanza de Burgueira, este mércores 11 de marzo ás 20.00 horas na Casa de montes de Areiña, para informar das resolucións da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ante as alegacións e propostas presentadas para a creación dunha liña de autobús que dea servizo de transporte digno ás parroquias de Burgueira e Loureza.

O borrador presentado pola Consellería da Xunta de Galicia non ofrecía ningunha liña de transporte para vertebrar as parroquias de Burgueira e Loureza e presentaba moitas deficiencias o servizo pola costa.

«Os grupos municipais do BNG e PSOE considerabamos moi grave esta situación, que condenaba ás parroquias de Oia sen un servizo indispensable«, afirman.

«Presentamos na Consellería alegacións para que nos concederan as liñas necesarias para acceder a servizos básicos coma o hospital Álvaro Cunqueiro ou os institutos de Baiona e da Guarda, mesmo de Tomiño e do Rosal e a nosa mocidade puidera acceder aos ciclos formativos sen ter que usar o coche particular«, indican.

«Para iso elaboramos unha proposta de transporte que atendera as principais necesidades da poboación do municipio e que axudara a crear unha nova liña de conexión entre as parroquias da costa coas do interior«, explican.

«Pedimos, din, a convocatoria dun pleno extraordinario para presentarmos dende o Concello a solicitude dun servizo de transporte que respondera ás nosas necesidades. O prazo para achegar alegacións á Xunta rematou o 22 de agosto».