O vindeiro 6 de maio dará comezo a actividade formativa de “Auxiliar de Restaurante – Bar” que organiza a Fundación Érguete-Integración promovida pola Deputación de Pontevedra e coa colaboración do Concello de Nigrán.

O curso estará orientado a persoas desempregadas, que se formarán para traballar en empresas de restauración, catering, bares e cafeterías, por iso o único requisito para optar ó curso é estar dado/a de alta como demandante de emprego.

O curso formará en competencias básicas de restaurante – bar, abordaranse temas como:

  • Uso da dotación básica do restaurante e asistencia no preservizo.
  • Servizo básico de alimentos e bebidas e tarefas de postservizo no restaurante.
  • Aprovisionamento e almacenaxe de alimentos e bebidas no bar.
  • Preparación e servicio de bebidas e comidas rápidas no bar.
  • Habilidades comerciais orientadas a satisfacción do cliente.
  • Normas de seguridade, hixiene e protección do medio ambiente en restauración (Manipulación de alimentos).

Acollerá a 15 participantes que terán a oportunidade de realizar a súa formación práctica en empresas da área de influencia de Nigrán. De feito a formación xurdiu coa finalidade de satisfacer as necesidades do sector hostaleriro dado que o potencial turístico do concello propicia a creación de postos de traballo, especialmente nos meses do verán.

O curso é de 200 horas das cales 80 son prácticas. O curso dará comezo o 6 de maio e extenderase ata o mes de xullo.

Se queres inscribirte só tes que chamar a Yolanda Gómez, coordinadora do curso no 986253176, mandar un email a incorpor@fundacionerguete.org ou entrando na web de Érguete. O prazo de inscrición é ata o 26 abril.