Unha formación para a mocidade que lle dará as competencias básicas para o desenvolvemento das funcións de operario de industrias alimentarias na pequena, mediana ou gran empresa adicadas a fabricación directa de transformados alimentarios ou empresas de servizos e produtos auxiliares para o sector.

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro na procura de ofertar á mocidade formación en ámbitos profesionais variados, con demanda laboral e de interese para eles, propón un curso de operario/a de industrias alimentarias. A industria alimentaria ten gran presenza na contorna e formar a mocidade neste ámbito pódelles abrir portas de cara a súa inserción laboral.

No curso adquirirán os coñecementos necesarios para participar na condución e control dos procesos de recepción, transformación , elaboración, envasado e almacenamento de produtos alimentarios. O Curso consta de 110 horas de formación repartidas en 50 horas de formación teórica, 50h de prácticas en empresas e 10h dun taller práctico de orientación laboral onde se lles amosará como deben adaptar o seu Cv. a os postos do sector da industria alimentaria.

O prazo de inscrición do curso vai do 21 de setembro ata o 5 de outubro. Dirixido con preferencia a mocidade de 18-45 anos, desempregada e do Concello de Gondomar. Para formalizar a inscrición cubrir anexos ( paxina web concello de Gondomar, OMIX) e entregalos no rexistro do Concello durante ese período de inscrición.