O Concello de Tomiño prevé iniciar o día 16 de xaneiro de 2018, en horario de 19.00 a 21.00 horas, un novo curso de preparación do ámbito científico-tecnolóxico, para obter o Graduado da ESO, destinado a alumnado que teña pendente esta proba, despois de ter asistido ás clases preparatorias de anos anteriores, ou para aquelas persoas que teñan un nivel de partida avanzado.

O curso terá lugar todos os mércores ata a data do exame, terá un custe de 15 euros mensuais (gratuíto para persoas con informe favorable ao respecto, do persoal técnico dos servizos benestar social do Concello de Tomiño). As persoas interesadas poden inscribirse directamente no Rexistro do Concello de Tomiño, ou ben, a través da Sede electrónica do mesmo, no seguinte enderezo Tomiño.

Para máis información poden contactar coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño (986 62 20 01) en horario de 8:00 a 15:00 horas.