CEDIDA

Nun comunicado de prensa, a sección sindical da CUT-Bombeiros do Val Miñor, quere denunciar públicamente as “graves irregularidades que están a sufrir os traballadores deste servizo”.

Dende fai un tempo”, aseguran “as reparacións e mantemento dos equipos fóronlle atribuídas a varios compoñentes do servizo designados polo novo coordinador. Este persoal non ten coñecemento nin titulación algunha en materia de mantemento de equipos, nin de electromecánica e tampouco foron formados nin designados polo órgano contratante sobre este tipo de tarefas”.

Sinalan tamen no comunicado que “non é a primeira vez que esto sucede. Estes operarios, co consentemento do cordinador, están metendo man na instalación eléctrica do camión forestal para instalar certos dispositivos que deberián ser instalados nun servizo oficial, o único que pode ofrecer garantías da súa instalación”.

“Noutra ocasión anterior, unha modificación no vehículo urbano (BUL), supuxo unha derrama para a Mancomunidade duns cantos miles de euros, xa que a avaría afectou a UEC (centraliña) do camión e mesmo avariou varios relés, e compoñentes electrónicos, situación que ocasiona ter que prescindir temporalmente dun vehículo, imprescindible para a atención das emerxencias, ademáis do risco para os ocupantes do vehículo”, indican.

Asimesmo solicitaron material preciso para poder resolver as emerxencias coas máximas garantías de seguridade. “Material como luvas de protección eléctrica, sen repoñer dende xuño, pese a que o risco eléctrico constitúe un dos riscos laborais máis comúns por estar presente en case todas as actividades. Algo similar pasa cos pantalóns de protección anti-corte e luvas das motoserras, unha das ferramentas máis empregadas ao longo do ano polo noso equipo, unha sola prenda, (12 traballadores e 3 maquinas), e con máis de catorce anos. Tratase dunha prioridade fronte outros gastos, e que segundo a distribución dos mesmos, vese claramente que non foi valorada como tal”, apuntan.

“Todas estas incidencias fóronlle comunicadas verbalmente a delegada sindical, respondendo que non ten coñecemento deste tipo de feitos. A nosa sección sindical queixase tamén da falta de información (sindical) en canto a acordos que se levan a cabo, das mesas de negociación, xa que nin tan sequera se informa aos traballadores das convocatorias, nin dos temas a tratar, ou acordos acadados, información que só se facilita de xeito discriminatorio”, dicen.

Informamos que esta delegada sindical ten a categoría de condutora de motobomba, e cando lle toca traballar con algún membro coa categoría de peón, tratou de coaccionalo para que este conducira, sendo esta unha función inherente o posto de condutor. Esta práctica ben sendo habitual entre os condutores, tendo que conducir un peón, non sendo remunerados por dita función”, afirman dende a sección sindical da CUT.

“Por todo o exposto, desde esta sección sindical, instamos novamente ao señor Presidente da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor para que aborde todas estas cuestións, xa que, nunha xuntanza anterior, algunhas delas xa lle foran comunicadas”, finalizan.