David Amor no auditorio de Nigrán

O CEIP Humberto Juanes de Nigrán arrancou este luns a súa semana de conmemoración das Letras Galegas coa visita do humorista David Amor, quen realizou unha breve exposición en defensa da lingua no Auditorio Municipal de Nigrán e despois respondeu ás preguntas dos nenos.

A iniciativa coa que colabora o Concello de Nigrán pretende concienciar aos máis pequenos na importancia do uso do galego. O artista de Salceda de Caselas, que acudiu ao centro desinteresadamente, tamén sacou tempo para botar unha man no ensaio de teatro dos alumnos de 4º, xa que mañá o colexio celebra o festival das Letras Galegas cos nenos e o mércores coas familias.

David Amor é actor, humorista, presentador de televisión, ex xogador profesional de balonmán e modelo moi coñecido pola súa aparición no programa de televisión de Antena 3 El club del chiste,Tu cara me suena e Gym Tony, polo que os nenos, moi entusiasmados coa visita, realizaron decenas de preguntas sobre a súa vida profesional.