A Casa dos Alonsos da Guarda acollerá o vindeiro venres, 29 de marzo, un encontro sobre a produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade na Costa da Guarda e Viana do Castelo

O sal desempeñou un papel de grande importancia na economía da Antigüidade. Con usos domésticos, simbólicos e médicos de todo tipo, foi sobre todo un compoñente fundamental na industria de salgadura, tanto no comercio de peixe salgado como na preparación de prebes. Ao longo das dúas últimas décadas, o avance da investigación arqueolóxica permitiu documentar un importante conxunto de explotación do sal ao longo da costa da antiga Gallaecia. Neste encontro se falará dos resultados do proxecto Mar de Sal no estudo das evidencias de aproveitamento do sal durante a Protohistoria e da gran transformación que experimentou a industria salineira a partir da chegada do Imperio Romano coa implantación de grandes salinas mariñas.

Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural son unha iniciativa levada a cabo pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega que comezou en novembro de 2015.

Programa: Casa dos Alonsos.

  • Ás 17:00 horas, presentación do encontro con Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, Rebeca Blanco-Rotea, coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega
  • Ás 17:15 horas, O proxecto Mar de Sal e o estudo das paisaxes do sal da Antigüidade
  • Brais X. Currás, arqueólogo, Universidade de Coimbra-CEAACP
  • Ás 18:00 horas, As intervencións nas salinas de Oia e O Seixal, Mar Cortegoso Comesaña, arqueóloga profesional.
  • Ás 18:45 horas, A exploração de sal na Proto-História. O exemplo de Viana do Castelo, Miguel Costa, Tiago Brochado e Jorge Machado, arqueólogos, Câmara Municipal de Viana do Castelo
  • Ás 19:30 horas, debate.
  • A inscrición é gratuíta. O número de prazas é limitado. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.