Tanxarina Títeres
Tanxarina Títeres

O conto de Carlos Casares “A Galiña Azul” chega mañá venres, 15 de marzo, ás 20:00 horas ao Teatro Municipal de Tui da man de Tanxarina Títeres. A veterana compañía redondelá presenta unha adaptación deste texto coa dirección de Cándido Pazó e con Eduardo Rodríguez “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giráldez como actores e manipuladores dos monicreques.

Este espectáculo permítenos reflexionar sobre a diversidade a través da historia dunha galiña azul, que ten cinco plumas vermellas nunha á, que pon ovos de cores e canta cocorocó.

Tanxarina recibiu o ano pasado o premio Fetén ao Mellor Espectáculo de Títeres e o premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil por esta montaxe da “A Galiña Azul”.

As entradas están á venda ao prezo de 4€ e 3€ en Cultura Tui ata o venres ás 12:00 horas ou o venres, dende as 18.30 horas, despacho de billetes.