Denuncian que o Goberno de Nigrán pagou 3.000 euros por unha pista de petanca que non se realizou
CEDIDA: Imaxe pista Priegue

O Goberno de Nigrán pagou 3.000 euros destinados á execución dunha nova pista de petanca no Torreiro de Priegue que non se realizou“, así o denuncia Nigrán Decide quen asegura que “para poder pagar estas obras non executadas o Goberno municipal recorreu a persoal alleo ao Concello para que asinasen a certificación final desta obra, pois probablemente non atopasen un funcionario no concello que asinase a certificación dunha pista de petanca non realizada“.

Dende Nigrán Decide indican que non son grandes cantidades comparándoas coa totalidade do orzamento, “pero o Goberno municipal ten que velar polo destino de todos e cada un dos euros da veciñanz. Se as irregularidades desta obra, que poderían chegar ao 7 por cento do total, as extrapolamos a todas as obras do concello, entón estariamos falando de moito diñeiro”.

O Goberno terá que aclarar a razón pola que recorre a persoas alleas ao concello para certificar e pagar obras non realizadas“, finaliza José Cuevas, voceiro de Nigrán Decide.

Ademais, a obra no recinto infantil presenta riscos polos vértices e arestas existentes na base de formigón da pista polideportiva.

A pista polideportiva instalada no recinto infantil está colocada sobre unha base de formigón que presenta riscos para os nenos que usan esas instalacións, polos vértices e arestas existentes, polo que dende Nigrán Decide instan ao Goberno a que solucione os problemas de seguridade desta zona infantil, “antes de que haxa que lamentar unha desgracia, así como a dotación de algún cerramento a esta pista adecuado para que os balóns non vaian dar ás fincas colindantes”.