Este domingo día 22 de xullo celébrase unha carreira a pé enmarcada no programa DepoDesafío da Deputación de Pontevedra, que levará aos seus participantes polas beiras do Río Miño entre Tomiño, O Rosal e A Guarda, rematando aos pés do Monte Santa Trega.
Nesta primeira proba os participantes terán un percorrido moi técnico pola senda do Miño, alternando sendeiros con zonas asfaltadas cunha distancia media de 21km e 97m de desnivel.
O prazo de inscrición para o DepoDesafío amplíase ata este venres 20 de xullo, ás 14:00 horas. O novo período para recoller os dorsais será o venres 20 de xullo, de 9:00 a 14:00 horas ou o mesmo día da proba nos puntos de información (para recoller o dorsal e o chip será necesario presentar un documento oficial acreditativo).
Máis información: DepoDesafio