ALFREDO

O deputado provincial de Cooperación, Carlos Font, informou hoxe que o goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres en Xunta de Goberno o financiamento ao concello de Tui para a elaboración da catografía six, a ortofoto dixital e a rede topográfica da vila.

As actuacións teñen un importe total de 90.000 euros e forman parte dos fondos da Liña 1 de investimentos do Plan Concellos.

Con este novo investimento da Deputación de Pontevedra, o concello de Tui xa ten aprobados 1.028.435,38 euros co vixente Plan Concellos, que este ano destina á vila un total de 1.769.637,16 euros, máis dun 76% máis que no ano anterior.