CONCELLO // Imagen aérea de la Festa da Arribada

O goberno de Carmela Silva vén de aprobar novos investimentos para Baiona ao abeiro da liña 2 (actividades, gastos correntes e amortización de débedas) do Plan Concellos. En total nesta última xunta de goberno aprobáronse máis de 814.000 € para 14 concellos, dos cales Baiona recibiu un total superior aos 78.000 €.

O investimento máis destacado entre os recibidos por Baiona ten por obxecto o financiamento dunha cita ineludible na vida cultural e turística da vila: a Festa da Arribada 2019, un total de 40.000 € cos que a Deputación “volve amosar a importancia desta institución para que os concellos poidan levar a cabo actividades que as sitúan no mapa”, asegurou a Presidenta provincial, Carmela Silva, “como é o caso da Arribada que é ademais unha das Festas de Interese Turístico Internacional máis potentes da provincia de Pontevedra”.

O Goberno aprobou outros dous investimentos para Baiona: 10.174,83 € para o Mercado Antigo de Sabaris e 28.000 € para financiar a Cabalgata de Reis, ambos os dous na liña 2.