ALFREDO

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante unha resolución presidencial, un novo investimento a Nigrán ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 18.100 euros.

Trátase dunha axuda que se destinará ao subministro dun brazo desbrozador articulado extensible. Este ano o goberno de Carmela Silva pon a disposición de Nigrán a través do Plan Concellos 2019 un total de 1.025.470,24 euros, o que supón un 2,94% máis que en 2018.