FairWay

O Concello da Guarda participou ao longo das xornadas do luns e martes no maior foro sobre os Camiños de Santiago, a FairWay, celebrada no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.

Despois da visita Famtrip ao Castro de Santa Trega do pasado xoves día 7 de febreiro, a cargo dun grupo de representantes de axencias de viaxes, turoperadores e periodistas especializados nos Camiños de Santiago a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes e a Técnico de Turismo, Rosalía Verde, participaron en numerosas reunións con representantes de empresas e institucións de cara a promover iniciativas sobre o Camiño Portugués da Costa.

A principal acción no fairway foi a participación no workshop que é o espazo adicado ás reunións de traballo con axencias nacionais e internacionais, turoperadores especializados en peregrinacións dende Italia, Australia, Brasil entre outros. Ademais houbo reunións con portais web e bloguers para dar a coñecer A Guarda, non só cómo o primeiro concello galego do Camiño Portugués da Costa, senón como referente turístico co Monte Santa Trega, co Esteiro do Miño, ou o porto pesqueiro. Algunhas destas empresas xa coñecían A Guarda pero amosaron o seu interese en ampliar a súa oferta.

O Camiño Portugués da Costa é un dos principais atractivos do III Forum do Camiño de Santiago “Fairway” no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, onde se realizaron multitude de actividades entorno aos Camiños de Santiago, con congresos, workshops e importantes reunións para potenciar o Camiño de Santiago, nas que tamén estivo presente o Concello da Guarda.