A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, dous novos investimentos para o concello de Oia ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 62.731,22 euros.
Máis polo miúdo, destinaranse 52.694,27 euros para a mellora da accesibilidade e mantemento de escolas de Loureza, e outros 10.036,95 euros para o subministro de céspede artificial e canastras de baloncesto.