Parque infantil Covaterreña
CEDIDA // El parque infantil de Covaterreña, en Baiona.

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, dous novos investimentos para o concello de Baiona ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 89.549,06 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 48.111,61 euros para financiar o parque infantil Centro Antena; e outros 41.437,45 euros para a renovación do alumeado público en varias zonas rurais do concello de Baiona.