// Festival Solpor Monteferro
CEDIDA // Festival Solpor Monteferro

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar a terceira e última relación de subvencións do Plan Concellos 2019 correspondentes á Liña 2 para amortizacións, pago de débedas, gastos correntes e actividades, por valor de máis de 190.000 euros para os concellos de Gondomar, Nigrán, Oia e O Rosal.

Estas axudas permitiranlles aos municipios custear os gastos de amortización de débedas e gastos correntes, así como actividades municipais, tales como programacións culturais, obradoiros, actuacións musicais, festas e feiras ou actividades deportivas e educativas.

Así, o Concello de Gondomar percibe un total de 60.030,74 euros para o Ciclo Primavera Musical, XVIII Carreira Pedestre Memorial Manuel Barros, Gondomar á Escena, II Gladiator Kids, Falamos: charlas obradoiro, talleres de ximnasia, de memoria e de informática para maiores, IV Gala do Deporte, Festa da Rosquilla, Cinema na rúa, tobogán de auga e Gondoverán.

En Nigrán serán un total de 90.616,81 euros para a Nigrán Paint Party, Entroido Nigrán, Noite de Estrelas-Folk, Orquestra Sinfónica de Acordeóns, Nigrán Jazz, IV Carreira Nocturna, Liga Española Raids, Programa Cultura Urbana, Premios Nigrán 2019, Rock in Patos, Flota como Poidas, Festa San Fiz, Nigrán Area, Festival Vive Nigrán, Noite de Música Clásica, Nigrán Mar de Sabores, III Desafío Triatlón Illas Estelas, Cineforum Val Miñor, Travesía a Nado e Solpor Monteferro.

Oia vai contar con 23.022,78 euros para a viaxe cultural a Portugal e a limpeza de edificios públicos.

Cun importe total de 17.199,42 euros, O Rosal poderá financiar gasto corrente novo e o programa Rumbo ao Emprego.