ALFREDO

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, tres novos investimentos para o concello de O Rosal ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 37.947,06 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 10.587,50 euros para a adquisición dun remolque versátil para limpeza viaria; outros 20.042,48 euros para financiar a acometida trifásica á nave almacén para servizos municipais; e, por último, 7.317,08 euros para a adquisición dunha fotocopiadora para as oficinas municipais do concello.