O presidente da Deputación, Luis López

A Deputación de Pontevedra acaba de anunciar a concesión de subvencións para que 40 concellos pertencentes á Rede Ágora de Concellos polo Espazo Público poidan redactar 94 proxectos de recuperación de espazos públicos e de sendas peonís e/ou ciclables.

As axudas, que permiten sufragar o 90% do custe da redacción, ata un máximo de 50.000 euros por concello. En total, o Goberno provincial destina 1,4 millóns de euros a esta convocatoria, tras ampliar en 600.000 o orzamento inicial de 900.000 euros. As axudas servirá para a redacción de proxectos de mellora peonil, de acondicionamento de diferentes rúas en contornas rurais e urbanas, a creación de sendas, a recuperación e humanización de viais, ou a mellora estética e funcional de enclaves turísticos, entre outros.

Entrando ao detalle, estes proxectos de mellora das contornas urbanas desenvolveranse en Sanxenxo, que recibe case 50.000 euros para cinco proxectos; Agolada, O Porriño, Tomiño, Gondomar e O Rosal, que desenvolverán catro proxectos cada un con case 50.000 euros; Baiona e Redondela financiarán catro proxectos con 45.000 euros cada un; A Guarda contará con 40.000 para outros catro proxectos, Ponte Caldelas recibirá 25.000 para redactar catro proxectos, e, no caso de Moraña, tamén son catro os proxectos que financiará con 15.000 euros. Ademais, Caldas de Reis, Silleda, Vilagarcía de Arousa e Tui, pola súa banda, terán cada un algo 50.000 euros para os seus respectivos tres proxectos, e A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade e Salvaterra de Miño financiarán tamén tres proxectos, no seu caso con 45.000 euros cada un.

Por outra banda, Ponteareas poderá financiar dous proxectos cunha subvención de 50.000 euros; Catoira recibirá case 40.000 euros para outros dos proxectos; Marín e Salceda de Caselas contarán con 30.000 euros para redactar dous proxectos, e Moaña redactará dous proxectos con 25.000 euros. Por último, os concellos de A Lama, Arbo, As Neves, Bueu, Cambados, Lalín, Meaño, Meis, Mondariz-Balneario, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Soutomaior, Valga, Vila de Cruces e Vilaboa poderán redactar un proxecto cada un grazas a subvencións que van dos preto de 4.000 aos 50.000 euros.

O presidente da Deputación, Luis López, lembrou que no novo programa provincial +Provincia “incorporamos unha cuarta liña de proxectos de transformación, precisamente para apoiar a aqueles concellos na redacción dos seus proxectos aliñados coa Axenda Urbana da UE”.