Este venres as 22:00 horas logo dunha longa xornada de negociación, «rematouse o proceso de mediación (AGA) con un acordo entre as partes», un acordo rubricado por tódalas sección sindicais, no que se acada a meirande parte das reivindicacións plasmadas na declaración de Folga presentada ante a autoridade laboral o 02 de Marzo do 2026.

«Por todo isto, o comité de empresa decidiu desconvocar a folga do 9 de marzo e as asembleas que se ían celebrar o domingo 8 de marzo no parque forestal e na cantina de Bw no centro de traballo de Zamáns»,  indican desde o Comité de empresa.

A totalidade do acordo da Mediación AGA será publicado a través dos habituais canles de información (taboleiro sindical, correos electrónicos, etc…) que utiliza a representación legal de persoas traballadoras, para a súa lectura e no caso de ter dúbidas, proceder a aclaralas.