Dez persoas comezaron hoxe a traballar no Concello de Tui coma peóns horticultura e xardineiría grazas á achega de 103.260,15 concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ao Concello de Tui. O contrato terá unha duración de sete meses.

Por outra parte dende hai unha semana dúas bolseiras do Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra están a realizar a súa estadía laboral no Concello de Tui por un período inicial de 6 meses, prorrogables outros 8. Trátase dunha graduada en Xornalismo que realiza a súa formación na Radio Municipal e Gabinete de comunicación e outra persoa co Ciclo superior produción audiovisual e espectáculos formarase no Departamento de Cultura.