A Concellería de Mobilidade e a Concellaría de Tráfico do Concello da Guarda, poñen en marcha un dispositivo especial de tráfico para o «Domingo do Monte” coas seguintes indicacións:

  • Permitirase o paso de coches cara o cumio do monte até as 12:00 horas dependendo da intensidade de vehículos.
  • Habilitaranse dúas grandes áreas de aparcamento: Campo de Chans e o novo Campo de Chans.
  • Estará prohibido o estacionamento na pista forestal do tramo de San Amaro á zona de Chans en Camposancos, para salvagardar unha posíbel evacuación así como a baixada de vehículos ao remate da festa.

Dende o Concello da Guarda fan un chamamento á colaboración cidadá para facer un uso responsábel do coche, tanto na circulación como nos aparcamentos, tendo en conta a dimensión do evento.

O Concello da Guarda quere agradecer a colaboración desinteresada de Protección Civil do Concello do Rosal e da Policía Local do Concello de Tomiño.