Dous guardesas compioas da Liga Galega de Hockey Liña
As xogadoras guardesas Ana González e Claudia Rial

As xogadoras Ana González e Claudia Rial, xogadoras do equipo CHL Meigas de Lugo, proclamáronse Campioas da Liga Galega de Hockey Liña na categoría feminina, logo de vencer na final ó Lóstregos Feminino.

Ámbalas dúas guardesas formadas no clube local, A Guarda Hockey Liña, foron fichadas polo Clube lucense para á presente campaña xa que o seu clube non competiu na categoría feminina.

Ó longo da tempada competiron na Liga Ouro Nacional, Liga Galega e Copa Princesa.