Este venres, ás 21:00 horas, o Auditorio Municipal de Nigrán acollerá a representación de ‘Marionetas’, do grupo local Teatro do Ar, escrita polo seu integrante Pedro Rodríguez.

Ao día seguinte, sábado 20 e no mesmo escenario pero ás 20:00 horas, actuará o grupo ‘Rosalía de Castro’ de Vigo con ‘Os vellos non deben namorarse’.

O ciclo finalizará o sábado 27 coa ‘A xesta vermella’, de Borreiros (Gondomar). Tódalas representacións son gratis ata completar o aforo.