Emerxencias “Low Cost” para galegos de segunda
AGESGA (archivo)

A asociación de grupos de emerxencias supramunicipais de Galicia, AGESGA, emitiu un  comunicado de prensa no que inidcan que están mantendo reunións cos distintos organismos públicos que forman parte do convenio aplicado os GES (Grupos de emerxencias supramunicipais) os cales están integrados en 28 grupos e 2 parques de bombeiros dando cobertura a 174 concellos dos 343 que se estenden o longo da comunidade , para tratar sobre o futuro dos mesmos.

As reunións que se mantiveron ata a data actual foron coa Deputación de Pontevedra, Deputación de Ourense e Deputación de Lugo sendo esta ultima fai uns días.

De todas estas reunións coas Deputacións, cada unha ten unha visión distinta da profesionalización de estabilización dos GES. Por un lado queren manter a continuidade e compromiso de manter as mesmas liñas que se mantiveron durante estes anos anteriores con algunhas modificacións por parte de cada Deputación sendo distintas entre estas.

Nesta última reunión mantida co presidente da Deputación de Lugo, e sendo o mesmo tempo alcalde de A Pontenova e manten un servizo de GES, manifesta que se debe manter os grupos pero coa postura o mesmo tempo que os GES deben de facer máis tarefas municipais, pois inda que sexan prioritarias as emerxencias os traballadores non poden estar de garda sen facer nada a espera de que saia unha urxencia.

«Dende a AGESGA manifestamos e reiteramos que os servizos do GES foron creados para as emerxencias e dar cobertura as zonas que non dan alcance os parques de bombeiros, como no seu momento manifestou a Xunta de Galicia para creación dos mesmos para cubrir as zona sombra do mapa de emerxencias da comunidade«, afirmaron dende a asociación.

«Hai que lembrar«, indican, «o que exercen certos alcaldes cos servizos de emerxencias derivando o GES a traballos albanelería, pintura, limpeza de rúas, recollida de lixo e outras, xa que están facendo unha malversación do servizo e demora o tempo de resposta as emerxencias e tamén a capacidade física do persoal a hora de atender a emerxencia».

«Por outra parte, outros concellos apostan por profesionalizar o servizo e ter unha resposta inmediata sen demoras para atender as emerxencias exclusivamente pois recoñecen que os veciños teñen dereito a un servizo digno e non unhas emerxencias low cost para veciños de segunda”, explican.

Dende a AGESGA afirman que continuarán coas reunións co resto dos organismos públicos, sindicatos para a mellora do servizo dos GES. Tamén aportarán un paquete de medidas para a profesionalización do servizo que presentará a Xunta de Galicia cando manteñan a próxima reunión.