BEN FEITO, BEN PARECE

Para todas as empresas, tanto grandes como pequenas, é moi importante a visión que a clientela ten delas. En moitos casos, o escaparate é a primeira imaxe que dá un negocio. Coa idea de axudar a crecer e mellorar ao comercio local, a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, entidade responsable da execución da Medida Leader 2014-2020, porá en marcha o itinerario formativo ‘O ben feito, ben parece’, centrado na comercialización de produtos tanto do sector primario como doutros sectores. 

Con este itinerario búscase dar e ampliar coñecementos relacionados coa venta para persoas emprendedoras do rural ao tempo que se mellora os coñecementos do comercio local existente, axudando a facer estes negocios máis competitivos e de éxito. As primeiras accións deste itinerario serán catro cursos de 36 horas que se desenvolverán nos concellos de A Guarda, Nigrán, Tomiño e Mos entre 2018 e 2019 nos que se abordará o escaparatismo, a presentación do produto, o empaquetado creativo e o visual merchandising.

Poderá inscribirse e participar nestes cursos calquera persoa que resida no territorio e estea interesada, independentemente de que o concello no que viva non dispoña de curso. Os cursos son de balde e a inscrición farase a través da web www.eurural.org, dirixíndose ao apartado denominado Escola. A quenda de cursos comezará o vindeiro mes de maio en A Guarda e rematará en maio de 2019 en Mos. Impartiranse en horario de 16.30 a 20.30 horas e haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso.

Cursos:

  • A Guarda: 23-24-25-30-31 de maio e o 1-6-7-8 de xuño do 2018, de 16:30 a 20:30 horas.
  • Nigrán: 3-4-5-10-11-12-17-18-19 de setembro do 2018, de 16:30 a 20:30 horas.
  • Tomiño: 14-15-16-21-22-23-28-29-30 de xaneiro do 2019, de 16:30 a 20:30 horas.