ALFREDO // Xosé M. Marcote, concelleiro BNG de Baiona

Este venres celebrarase en Nigrán un Encontro Aberto no marco do proceso Adiante de refundación do BNG. Este encontro pretente achegar as opinións de militantes pero sobre todo de xente axena ó BNG para recoller ideas e facer entre todos e todas unha radiografía da situación da Galiza de hoxe.

Estas propostas serán recollidas e enviadas ó Consello Nacional para a súa evaluación e análise. O Proceso Adiante ven dado polo mandato da XV Asamblea Nacional do BNG, que promove un proceso de abaixo a arriba. Estos encontros son abertos a todos os veciños.

O acto realizarase no primeiro andar da residencia da terceira idade de Ramallosa (enfrente do cine Imperial) este venres 29 ás 20:00 horas. No evento estará presente Xosé Manuel Marcote, concelleiro en Baiona e membro da Executiva Nacional do BNG.