Foto gañadora

Héctor Martínez, de Guillarei, coa fotografía “Enmarcando a historia” foi o gañador do I Concurso Fotográfico «Enmárcate en Tui», convocado pola Concellería de Turismo.

A súa fotografía, na que aparece el mesmo emulando coas súas mans, as mans do sorporte que sostén o marco colocado na zona axardinada na rúa Martínez Padín, a carón da área de autocaravanas, foi considerada a máis orixinal das que se que presentaron ao concurso.

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, fíxolle entrega a Héctor Martínez do premio consistente nunha figura réplica do pórtico da catedral.