Concello de Gondomar
ALFREDO // Concello de Gondomar.

Despois dun longo e complexo proceso de máis dun ano de duración, que implicou un rigoroso traballo técnico, hoxe, coa súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, entrou en vigor o Núcleo Rural delimitado do barrio de Prado en Morgadáns.

A partires de hoxe mesmo xa se pode proceder a dar licenzas de obra naquelas parcelas que estean dentro do devandito núcleo, licenzas con novos proxectos ou a continuar con aquelas paralizadas polas complexas circunstancias urbanísiticas de Gondomar, a legalizar aquelas que xesan legalizables, parcial ou totalmente.

“Con esta aprobación definitiva poderanse resolver máis dunha dúcia de contenciosos e denuncias que nesa zona de Morgadáns existen coa APLU dende hai anos, algún de cuxos expedientes estaría no límite de ser derrubados. Moitos vecinos de Prado dende hoxe poderán obter, por fin, a súa Licenza de Primeira Ocupación, ou como xa dixen, construir unha vivenda ex novo con garatías“, explicou o Exconcelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Antonio Araújo Quintas.

Araújo tamen indica que está a punto de ser publicado no BOP, “o núcleo de Penalba en Mañufe (cuestión de días), e detràs virán os núcleos d`A Carballa, A Mourisca, San Roque neste momento pendentes da Xunta……Algo máis tardará o núcleo do Cruceiro-Donas, e pendente de levar a pleno un novo núcleo que se está aínda delimitando como é o d´A Rochela“.