Gondomar Concello Aberto entregou no rexistro da Xunta de Galicia en Vigo , máis de 2.000 sinaturas recollidas en Gondomar para esixir un centro de saúde que cubra as necesidades do municipio.

Segundo CABE, a poboación de Gondomar é de 16.085 persoas das cales 2.212 son menores de 15 anos. “Dada a poboación de Gondomar o novo centro de saúde, debe ter unha sala de rehabilitación con cabinas de tratamento, unha sala de fisioterapia, e unha consulta de fisioterapia, polo que a superficie mínima sería de 1.800 m2 e non de 1.600. É un disparate proxectar unha nova infraestructura pensada para 10.000 usuarios cando na actualidade xa conta con máis de 16.000”.

Asemade Gondomar Concello Aberto solicita unha entrevista co Conselleiro de Sanidade, D. Jesús Vázquez Almuiña á maior brevidade posíbel, “para tratar este asunto dado a prioridade de actuación que ten este tema para a saúde e benestar da veciñanza de Gondomar”.