O Concello de Baiona reunirá este verán a nove catedráticos e profesores de catro universidades españolas na sétima edición do Ciclo de Conferencias Culturais que cada ano acolle a Capitanía Marítima (Rúa Elduayen, 20).
Todas as charlas se celebrarán todos os xoves de xullo e agosto no mesmo escenario e á mesma hora (20:30 horas) con entrada libre e gratuíta. O escritor, enólogo e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago, Xavier Castro Pérez, abrirá mañá o ciclo coa conferencia titulada “Historia del vino en Galicia”.
A figura do Conde de Gondomar, o Marqués de Salamanca, a reforma da Constitución, os manuscritos do Mar Muerto ou o bilingüismo de Álvaro Cunqueiro serán algún dos temas que abordará este ano o VII Ciclo de Conferencias do Concello de Baiona, enmarcado dentro da programación cultural do BaiVerán 2017.
