Érguete Baixo Miño retoma o traballo nos centros educativos neste curso escolar e presenta unha breve guía informativa cos Programas ofertados gratuítamente nas escolas de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia.

Estes programas están dirixidos ao alumnado e aos pais/nais/titores que representan o eixe prioritario na educación. Cada programa inclúe unha serie de actividades encamiñadas a adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas que fomentan o mantemento dunha vida máis saudable.

Estas actividades atópanse financiadas pola Consellería de Sanidade –Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas- e polas cotas dos socios.

Para recibir máis información e/ou solicitar a implantación dalgunha destas actividades nalgún Centro Educativo pode chamar aos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376, tamén contactando a través do correo electrónico info@erguete.org ou dirixirse de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP36780 A Guarda.

Érguete Baixo Miño realiza todos os programas con persoal técnico cualificado que conta cunha ampla experiencia no tratamento destes temas na comunidade.