Érguete Baixo Miño retoma o traballo nos centros educativos neste curso escolar presentando unha breve guía cos Programas de Prevención e de Educación para a Saúde que ofrece gratuitamente nas escolas de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia, adaptándonos á nova situación debido ao COVID-19 favorecendo un entorno seguro.
Estes programas están dirixidos ao alumnado e ás familias que representan o eixe prioritario na educación. De forma lúdica e dinámica abordamos temas sobre as diferentes condutas aditivas, a xestión emocional, a resolución de conflitos, a presión de grupo, a autoestima, o ocio saudable entre outros que podemos adaptar ao contexto de cada aula. Tamén sobre pautas de actuación eficaces para pais/nais e mestres, traballando de forma específica no reforzo dunha vida saudable e que desenvolverán fóra do centro educativo.
Estas actividades atópanse financiadas pola Consellería de Sanidade –Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas- e polas cotas dos socios/as.
Para recibir máis información e/ou solicitar a implantación dalgunha destas actividades nalgún Centro Educativo pode chamar aos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376, tamén contactando a través do correo electrónico info@erguete.org ou dirixirse de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP 36780 A Guarda.