Los “Muiños de O Folón e O Picón” declarados Patrimonio Cultural Inmaterial de la UNESCO
Muiños de O Folón e O Picón no Rosal

En menos de 24 horas dende a apertura do prazo de inscrición quedaron esgotadas as 300 prazas que a Deputación de Pontevedra ofertou para a Depoandaina polo Monte de Santa Tegra e a Ruta dos Muíños do Folón. A institución provincial abriu non obstante unha lista de espera que se pechará en canto complete outras cen prazas.

Esta camiñada, que terá lugar o domingo 6 de outubro, é a penúltima das sete rutas programadas este ano pola institución provincial para fomentar hábitos de vida saudable e promover o turismo. O itinerario, que percorrerá os concellos da Guarda e do Rosal, desenvolverase pola mañá e pola tarde. Así, na ruta da mañá, as persoas participantes percorrerán a localidade pesqueira da Guarda e o espectacular Monte de Santa Tegra. Despois do xantar, desprazaranse ao veciño concello do Rosal, para realizar a Ruta dos Muíños do Folón.

Para facilitar a participación na ruta, a Deputación de Pontevedra habilita autobuses que sairán dende a praza de Galicia, de Pontevedra, e da praza de España, de Vigo.