Con motivo da convocatoria por parte do Concello de Baiona de subvencións ás asociacións municipais para a realización de actividades culturais e deportivas, a Concellería de Cultura e Deportes, dirixida por Miriam Mar Costas Iriarte, organiza esta acción formativa para apoiar ás entidades do municipio no seus trámites coa Administración Electrónica.
O curso ten unha duración de 10 horas e terá lugar no Centro Multiusos Ángel Bedriñana, os días 30 de setembro e 1, 2, 3 e 4 de outubro en horario de 19:00 a 21:00 horas. O obxectivo é dotar aos participantes de habilidades e competencias para a xestión e tramitación dunha subvención.
As asociacións interesadas poderán inscribirse no teléfono 986 385 921, cun máximo de 2 participantes por asociación.
A Concellería de Cultura e Deportes informa así mesmo de que o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións do concello para realizar actividades culturais e deportivas remata o 10 de outubro de 2019.