A Casa Cultural de Santa María de Oia acolle este domingo, a partir das 16.30 horas, o espectáculo de Pallaso Total, dirixido ao público infantil.

Trátase dunha actividade a favor da Asociación Galega de Fibrose Quística, organizada polo Concello de Oia coa colaboración da Deputación de Pontevedra (Pontegal), Desafío Oia e Cornelios.

O Trail Desafío Oia celebra a súa quinta edición este domingo pola mañá. A primeira hora da tarde desenvolverase o espectáculo infantil do Pallaso Total como actividade para gozar en familia.