ALFREDO

Esquerda Unida e Podemos presentaron este luns unha moción conxunta para a adhesión de Nigrán ao Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (VioGén).

VioGén é un proxecto destinado a previr as situacións de risco e protexer ás vítimas mediante a colaboración e coordinación da Policía Local de Nigrán co resto de policías.

Entre os obxectivos deste sistema están o de aglutinar ás diferentes institucións públicas que teñen competencias en materia de violencia de xénero, integrando a información, proporcionar ás vítimas un «Plan de Seguridade Personalizado», ademais de efectuar una labor preventiva.

Para José Cuevas Raposo e Antía Fernández González, voceiros de Esquerda Unida e Podemos en Nigrán o ámbito municipal, por ser o máis próximo á cidadanía, é o marco idóneo para incidir de xeito decisivo na vida das mulleres e impoñer unha mensaxe clara e contundente contra a violencia de xénero, ademais de a través da colaboración coa Policía Local mellorar a protección das vítimas de violencia de xénero.

Ademais dunha mellora na protección das vítimas da violencia de xénero, esta adhesión suporía cuadriplicar as subvencións que recibe Nigrán para a súa prevención.

Concretamente a Nigrán lle foron transferidos conforme ao establecido nese pacto a cantidade de 3.860,96 euros nos anos 2018 e 2019. Se o concede Nigrán estivera adherido ao Sistema Viogen, a cantidade recibida polo Concello de Nigrán podería multiplicarse por 4.