ALFREDO // Praza da matrona Xulia Suárez, Oia

Este domingo, ás 12:30 horas e á beira do Concello de Oia, inaugúrase a praza de Xulia Suárez.

Unha proposta popular na que se reuniron máis de 1.100 sinaturas para o cambio do nome da praza José Solís Ruíz pola de Xulia Suárez, e tras unha moción presentada polo BNG, motivou ao pleno do Concello de Oia a aprobar por unanimidade o cambio de nome da praza o pasado 25 de maio.

Xulia Suárez comezou o seu traballo de matrona en Oia no ano 1983 e finalizouno no 2004. Durante ese período tempo axudou a moitas veciñas do municipio co seu embarazo. Xulia faleceu en outubro da 2010 vítima dun cancro.