BANDALLO // CEIP Mestre Manuel García de Oia

O Concello de Oia organiza a actividade “Escola de pais e nais” que levará a cabo a Educadora Familiar do Concello, Mercedes Vilar Álvarez. Esta actividade é gratuíta e levarase a cabo nos Colexios de Oia, CEIP Mestre Manuel García e CEIP Refoxos.

Ser nai e pai é unha tarefa gratificante pero as veces xorden dúbidas sobre como enfrontar esta complexa tarefa. Por dita razón, o departamento de Servizos Sociais do Concello de Oia organiza a “Escola de nais e pais”. Un espazo de formación e diálogo coas familias que permitirá compartir experiencias e coñecementos sobre temas relacionados coa crianza e a educación dos fillos.

A educadora familiar do Concello, Mercedes Vilar, coordinará as sesións e, ao longo das mesmas, ofrecerá orientacións útiles que permitirán enfrontar con máis capacidade a tarefa de forxar unha familia.

As sesións serán semanais, dunha hora de duración cada unha. Desenvolveránse no CEIP Refoxos e no CEIP Mestre Manuel García durante as próximas cinco semanas. Existen varios horarios para facilitar a conciliación.

Para calquera dúbida póñase en contacto co concello a través do teléfono 986 36 21 25 ou a través do correo electrónico educadoraoia@gmail.com