ALFREDO

A agrupación local de Esquerda Unida e o circulo de Podemos en Nigrán, veñen de solicitar ao Goberno a convocatoria do Consello Sectorial do PXOM para que se informe do estado de tramitación do mesmo, así das modificacións de realizadas no proxecto para adaptalo ás esixencias dos informes da Xunta de Galicia. 

Compre destacar que o alcalde de Nigrán nunha recente entrevista sinalou que “estamos a un só informe para que sexa favorable e se todo vai ben a súa aprobación provisional levarase a cabo en breve”. Sen embargo, que se saiba o único informe favorable que ten o PXOM, é o de Portos de Galicia, xa que o o informe da Axencia Galega de Infraestruturas emitido en decembro de 2021 é desfavorable, descoñecéndose como está a tramitación ante Augas de Galicia.

EU e Podemos Nigrán: Entre outras cuestións o goberno de Nigrán debe informar á veciñanza dos viarios lonxitudinais propostos paralelos á estrada PO-552

Hai que destacar que no informe da Axencia Galega de Infraestruturas sinalase, entre outras cuestión, que por parte do concello se propoñen uns viarios lonxitudinais paralelos á estrada PO-552 polo leste e o oeste desta, sen que a veciñanza coñeza o seu trazado e as súas afeccións.

Por outra parte, sinala José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán, que o regulamento do Consello Sectorial de Nigrán establece que debe ser convocado cada dous meses, non sendo convocado neste mandato, para continuar sinalando que as únicas veces que o goberno informou do PXOM foi cando desde a corporación lle esixiamos transparencia. Esta claro que nesta corporación, cun goberno sen oposición, o goberno non necesita ser transparente, mostrando a súa faciana de opacidade na tramitación do PXOM, finaliza Cuevas.