Orquesta Sinfónica de Acordeones de Bilbao

Máis de 250 personas abarrotan o Auditorio de Nigrán para escoitar a Orquesta Sinfónica de Acordeones de Bilbao dando inicio as actividades da Semana Santa organizadas polo Concello de Nigrán.

Durante hora e media os espectadores disfrutaron entusiasmados con temas galegos cómo “La leyenda del beso” de Reveriano Soutullo o “Negra Sombra” de Juan Montes baseado no poema de Rosalía de Castro e vascos como “El caserío” do Mestre Jesús Guridi.

Tres veces tiveron que sair os músicos dirixidos por Amagoia Loroño, filla do fundador da Orquesta, Josu Loroño, que demostraron o porque son unha das mellores de Europa no seu xénero.

O próximo venres 19 de abril dende as 20,30 horas será a “Camerata Santar” formada por músicos da Real Filarmonía de Galicia que ofrecerá pezas de Beethoven e Schubert e darán continuidade aos actos da Semana Santa en Nigrán.