Monte de Couso

A Comunidade de Montes de Couso e Alalá Coop continúan co proxecto de «Comunidade fronte á emerxencia climática-sensibilización ecosocial e participación comunitaria«.

Despois de mulleres fronte á emerxencia climática, presentan a súa segunda proposta, unha exposición de Árbores e Historias escritas, que serán expostas no mes de xuño na Casa Veciñal de Couso.

«Queremos facer unha exposición para que as protagonistas sexan ás árbores e as persoas que comparten as súas historias con nós. A nosa existencia e calidade de vida dependen directamente da natureza: dos bosques e montes, das árbores, da saúde do chan, da auga, do aire, das montañas… Esta vez, vai por elas: as nosas árbores amigas», sinalan.

Podes enviar a túa historia e fotografía a: alalacoop@gmail.com co asunto «árbores e memorias», engadindo nome e apelidos. As fotos e historias deben ter títulos para ser identificadas.