A praza do Seixo acollerá do 5 o 15 de novembro a exposición «Os Bolechas. Gatiños, ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos o galego».
Esta mostra non é unha exposición ao uso, é unha mostra que a través do universo Bolechas convida, a través de xogos, a gozar, participar e aprender as diferentes variedades dialécticas de Galicia.
Fomenta a participación e inmersión, é multisensorial, pedagóxica, divertida e colaborativa. Ten dende unha área inmersiva e multisensorial de luces, cores e sons ata unha zona de audicións e gran karaoke.
O horario para vela exposición é de luns a venres, de 10:00 a 13.30 horas e de 16:00 a 20:00 horas, sábados e domingos, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. Idade: Público Familiar. Lugar: praza do Seixo (carpa). Prezo: de balde.
