ALFREDO // Sede IEM en Gondomar

O Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, acollerá o faladoiro de Luís Fernando de Oliveira Fontes, Patrimonio, cultura e desenvolvemento: experiencias dende o norte de Portugal.

Doutor en Arqueoloxía, Director da Unidade de Arqueoloxía da Universidade do Minho, Director da revista em linha Traballos Arqueolóxicos da U.A.U.M. / MEMÓRIAS,…

O acto será presentado por Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e doutor en Evolución Humana e membro do IEM. Terá lugar, este venres ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda, da Feira, 10 Baixo, Gondomar.